miércoles, 17 de abril de 2013

Principio da conservación da enerxía

1. INTRODUCCIÓN
 A enerxía encóntrase en constante transformación,  pasando dunhas formas a outras.
A enerxía sempre pasa de formas máis útiles a formas menos útiles. Por exemplo, nun volcán a enerxía interna das rochas fundidas pode transformarse en enerxía térmica producindo gran cantidade de calor;as rochas lanzadas ao aire e a lava en movemento poseen enerxía mecánica;prodúcese a combustión de moitos materiais liberando enerxía química e outras enerxías.

A enerxía pode manifestarse de diferentes formas: en forma de movemento (cinética), de posición (potencial), de calor, de electricidad, de radiaciones electromagnéticas, etc... Según sea o proceso a enerxía se denomina:
- Enerxía térmica
- Enerxía eléctrica
- Enerxía radiante
- Enerxía química
- Enerxía nuclear

O principio de conservación de enerxía indica que a enerxía non se crea nin se destrue; solo se transforma de unhas formas en outras. En estas transformacións, a enerxía total permanece constante; é dicir, a enerxía total é a mesma antes e despois de cada transformación.

No caso da enerxía mecánica pódese concluir que, en ausencia de rozamentos e sin intervención de ningún traballo externo, a suma das enerxías cinética e potencial permanece constante. Este fenómeno conócese co nome de Principio de consevación da enerxía mecánica.

 
A nós chamáronnos a atención as diferentes formas de enerxía: 
E.potencial, E.cinética, E.mecánica e E.calorífica.
Neste traballo observaranse diferentes cambios de enerxía, a enerxía calorífica fará quentar o líquido e ao ferver subirá o gas (enerxía química), a enerxía mecánica move as aspas do molinillo, e tamén probaremos a quentar o aire con un mechero bunsen así fará que o mechero quente (enerxía química) o aire facendo que se quente (enerxía calorífica) , e o quentar o aire sube de manera que fai que o molinillo se mova (enerxía cinética).
Neste experimento estamos vendo os cambios de unha a enerxía a outra xa que a enerxía non se crea nin se destrue.

2. OBXECTIVO


O noso obxectivo era observar as diferentes transformacións de enerxía. Utilizando unha lata de refresco, un mechero bunsen, un molinillo(aspas xiratorias) e un punzón.


3. DISEÑO

Materiais que usamos:

-Lata de refresco

-Mechero bunsen
-Soporte y complementos
-Molinillo, aspas giratorias
-Botella de agua
-Matraz Erlenmeyer
-Papel de aluminio
-Pastillas efervescentes
-Punzón


Primeiro, fixemos unha aspa de papel e clavámoslle un alfiler para que xirara sobre el. Despois, fixemos un orificio na parte superior da lata de aluminio. Logo puxémola a quentar enriba do mechero bunsen e esperamos a que fervera coa intención de que o vapor que saíra da lata movese as aspas do molinillo.
Despois co mechero bunsen quentámolo aire e o facer que o aire se quentara o molinillo moveuse.

4.RESULTADOS


Despois de ferver o líquido, a pesar de que o vapor subira o orificio era demasiado pequeno para facer mover o molinillo, asi que fixemos un orificio máis grande, de 1cm de diámetro aproximadamente. Aínda así non deu resultado. Así que usamos pastillas efervescentes para que o líquido ascendera e o molinillo moveuse un pouco, despois lle quitamos a lata e co mechero solo movéuse.


5. CONCLUSIÓNS

Non nos gustou moito o resultado ,aunque os molinillo movéuse un pouco, pensamos que moveríase coa lata pero non se moveu ata poñerla co aire quente do mechero, así que podemos decir que o experimento non foi de todo fallido , se a lata fora 30 veces máis grande igual o movería pero sendo tan pequena o vapor non tiña a bastante forza para movéla , e o calor de mechero sen poñer a lata de por medio fixo que o aire quentara dunha manera que o aire subira e o molinillo se movera.



Videos


http://www.youtube.com/watch?v=IFKh3x7o3PE http://www.youtube.com/watch?v=EpNP0wKw8Z0 http://www.youtube.com/watch?v=cNoxXh_bjG0

9 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. http://www.youtube.com/watch?v=IFKh3x7o3PE
    http://www.youtube.com/watch?v=EpNP0wKw8Z0
    http://www.youtube.com/watch?v=cNoxXh_bjG0

    Ahí tedes os videos...

    ResponderEliminar
  3. Buenos días chicos:

    Me llamo Edgar Gómez y os escribo desde el Departamento de Química Analítica de la Universidad de Vigo.

    Antes de nada, es una pena que no alcanzaseis en el experimental el objetivo propuesto, pero “la ciencia es así”. Hay que trabajar mucho e ir probando cosas nuevas para que todo funcione “como es debido”. De todos modos, os felicito porque el trabajo es original y se aprecia que os habéis esmerado con el. ¡¡Mis felicitaciones!!

    Tengo alguna preguntilla que haceros, a ver si me sacáis de mis dudas.

    1) En la introducción habláis de que la energía calorífica que genera el mechero bunsen hace calentar el líquido, que al hervir hará que suba el gas, manifestándose como energía química. ¿Se puede considerar realmente que estamos hablando de energía química? ¿Existe algún cambio en la composición del líquido cuando calentáis que permita hablar de energía química? ¿Es solo un cambio de estado del CO2 disuelto en el líquido o por el contrario existe una transformación química?

    2) Cuando introducís las pastillas efervescentes si que observáis movimiento del molinillo ¿Sabríais explicar porqué? ¿Que pasa cuando introducís las pastillas efervescentes en el líquido? ¿Se produce algún cambio químico?

    Son dudas facilitas, a ver si tengo suerte y me refrescáis un poco la memoria. ¡¡¡Ánimo!!!
    Un saludo

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Gustoume o voso experimento. Lembrade que aínda que non acadasedes os resultados esperados o importante é pasalo ben aprendendo.

    Un saúdo e a seguir traballando!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lo hemos pasado muy bien e intentaremos volverlo a hacer :)
      Gracias

      Eliminar
  6. Moi interesante o experimento. Recomendaríavos, de cara á presentación, reducir un pouco o tamaño da letra, para que se poda ler mellor.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Bos días!

    Gustaríame darvos as miñas felicitacións polo traballo que realizasteis. Por outro lado, dicirvos que a ciencia é así, unhas veces saen as cousas e outras non, pero hai que seguir intentándoo buscando os motivos polos que non saiu o experimento e tratando de solventalos.
    Coincido co meu compañeiro Edgar en que é importante saber que ocorre cando introducides as pastillas efervescentes.

    Un saúdo e ánimo para a próxima vez.

    Dra. Inmaculada de la Calle
    Departamento de Química Analítica y Alimentaria
    Universidad de Vigo.

    ResponderEliminar